Estrenos

El Centro Dramático Galego estrena ‘Longa viaxe cara á noite’ de Eugene O´Neill

El Centro Dramático Galego presenta una nueva producción ‘Longa Viaxe cara á noite’ (Largo viaje hacia la noche) de Eugene O´Neill bajo la dirección de Manuel Guede Oliva e interpretada por Luisa Merelas, Alberto Rolán, Gonzalo Uriarte y Marcos Viéitez. El estreno tendrá lugar el 22 de marzo en el Salón Teatro de Santiago de Compostela y estará en cartel hasta el próximo 6 de abril.

 

«A beleza do efémero é a materia da humanidade… Alguén dixo que o teatro é a arte do efémero e o teatro é material humano. E é no teatro onde podemos experimentar a dimensión do efémero… Ese instante preciso nun ensaio onde comprobamos por primeira vez que todo encaixa, que a idea que nos impulsou é unha concreción… Ese xesto exacto. A luz que significa. O son que evoca. O espazo que cobra vida… Nun instante preciso. Perfecto. Fermoso… Efémero.

Logo chegará o momento de compartir co público e, se cadra, vivir outro instante preciso. O silencio que significa. O ritmo da respiración exacto. O ollo que evoca. A vida que cobra vida… Nun instante preciso. Perfecto. Fermoso… Efémero. Humano. Imma António». (Axudante de dirección)

Eugene O’Neill, gañador de catro Pulitzer e premio Nobel de Literatura en 1936, é o pai fundador do teatro norteamericano moderno e este texto, Longa viaxe cara á noite, un dos máis célebres da súa notable produción literaria. Será esta a primeira ocasión, nos trinta anos de idade que cumprirá o CDG en 2014, en que a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia se achegue a unha literatura dramática tan fundamental na historia do teatro moderno como é a norteamericana.

Máis que calquera outro dramaturgo, O’Neill introduciu na escena estadounidense un realismo dramático que xa iniciaran Anton Chéjov, Henrik Ibsen e August Strindberg. En xeral, as súas obras contan con personaxes que viven nas marxes da sociedade e que loitan por manter as súas esperanzas e aspiracións, aínda que adoitan rematar desilusionados e caendo no desespero.

Gustáballe explorar nas partes máis sórdidas da condición humana, indagar na soidade do ser humano, reconciliarse coa dor de vivir e encontrar aí un camiño de expiación persoal e de aceptación. Os seus personaxes vense atrapados por un destino común e nas relacións mutuas, sempre conflitivas, achan o sentido da existencia.

Nomes como Tennessee Williams ou Arthur Miller non poderían existir sen o antecedente de O’Neill e sen todos eles a nosa formación sentimental, fundamentada na condición de espectadores cinematográficos, sería dificilmente comprendida.

Aclamada pola crítica e considerada a obra máis completa e cumio de O’Neill, Longa viaxe cara á noite foi galardoada co premio Pulitzer póstumo ao ser editada pouco despois da morte do seu autor, a pesar de que as instrucións escritas deste estipulaban que as súas pezas non debían publicarse ata 25 anos despois da súa morte.

Con elementos da vida do propio O’Neill, este texto narra a crónica dun só día na vida dos Tyrone, unha familia norteamericana quebrada polas frustracións e os vicios: James, un actor de éxito e fortuna, que pasou a súa vida de escenario en escenario sen poder formar un verdadeiro fogar; Mary, a súa muller, presa dunha adicción imposible de desarraigar; Jamie, o fillo maior e alcohólico; e Edmund, o alter ego de O’Neill, un mozo soñador e romántico, pero enfermo de tuberculose

Mostrar más

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba