Convocatorias

El IGAEM convoca sus ayudas por un valor de 2.120.000 de euros

La Consellaría de Cultura e Deporte de Galicia, a través del Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), destina este año un importe global máximo de 2.120.000 € a siete modalidades de ayudas al sector escénico y musical gallego, cifra que supone un incremento de fondos del 35% respecto de la pasada convocatoria de 2007. A actividade escénica bianual ou de produción concreta de espectáculos de teatro de actor, de monicreques e de danza, montaxes de nova creación, investimentos produtivos en maxia, distintos ámbitos de distribución, subvencións ás dotacións e investimentos para os espazos da Rede Galega de Teatros e Auditorios e para o funcionamento das salas privadas, así como o asociacionismo profesional e a formación especializada constitúen os grandes apartados desta nova convocatoria de subvencións, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Aplicación informática
Ademais, o IGAEM pon por vez primeira a disposición dos interesados en optar a estas axudas unha aplicación informática, acompañada dun servizo de asistencia telefónica e en liña, co obxecto de facilitar a cobertura dos anexos e informarlles sobre a previsión de puntuación dos seus expedientes. Os usuarios poderán acceder a este novo servizo a través da web http://igaem.xunta.es/axudas/.
Así mesmo, e xunto co importante aumento inversor respecto do ano pasado, as subvencións de 2008 incorporan outras destacadas novidades dirixidas fundamentalmente a optimizar as contías adxudicadas, como son a ampliación das axudas á distribución de espectáculos no exterior ao sector da música, co que se completa o abano de medidas de apoio á proxección da nosa cultura fóra de Galiza; a posta en marcha do programa Crédito-Cultura, que busca facilitar e normalizar en condicións vantaxosas o acceso das empresas de artes escénicas e musicais ao financiamento bancario da súa actividade de produción de espectáculos e traballos discográficos; así como a introdución nos baremos das axudas á actividade escénica de elementos correctores que faciliten unha avaliación máis homoxénea dos proxectos, con orzamentos de produción e distribución de diferentes magnitudes.
Na meirande parte das modalidades, o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto até o vindeiro 15 de febreiro, coas excepcións especificadas nas bases con respecto ao programa Crédito-Cultura, ás subvencións á distribución e ás de formación especializada.

Tres comisións de valoración
A documentación recibida será valorada por tres comisións: unha para as modalidades de axudas á actividade escénica no ámbito da danza, do teatro de actor e de monicreques, outra para o apartado de axudas á nova creación e unha terceira para as restantes categorías. A resolución definitiva ditarase no prazo máximo de nove meses dende a publicación da convocatoria; e nos tres meses seguintes á data de resolución publicaranse no Diario Oficial de Galiza e na web do IGAEM a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.
Con esta última convocatoria de subvencións, o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais avanza na liña de traballo iniciada en 2006 para a creación dunha industria galega innovadora e competitiva do teatro, a danza e a música, dentro dun marco regulador que se caracteriza pola potenciación das políticas públicas de fomento das artes escénicas e musicais, a apertura das convocatorias de subvencións ás empresas e creadores do ámbito da música e a danza, o tratamento do teatro e do conxunto das artes escénicas como industria cultural, a valoración especial da creación de autores galegos actuais e o apoio á distribución exterior da produción escénica e musical galega.

Mostrar más

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba